Concerto de xose constenla. Eira Vella
XOSÉ CONSTENLA é un cantautor compostelán que ten editado tres discos (Quen fixo berrar ao silencio -2005- Olladas dun entusiasta -2008- e Sinecismo. Xosé Constenla ao vivo -2013-) e ofrecido máis de 300 concertos e recitais. A súa música amosa estados de ánimo e impresións sobre o acontecer social e algunhas visións persoais de intrahistorias cotiás que están sometidas a unha constante avaliación sentimental.
Participou en ciclos e certames de canción autor, e recibiu diversos premios pola súa produción.