A Xanela 38 con Narf en concerto
A Asociación Cultural Eira Vella presentou en Betanzos o número 38 da revista"A Xanela, Revista cultural das Mariñas" da man de Xesús Torres Regueiro, clica no icono número 38 para escoitar a presentación. O acto contou coa actuación musical do cantautor Narf.
Co nome artístico Narf publicou varios discos:
"-ALO IRMAO, Falcatruada 2010, CD-DVD gravado en directo, en compañía do artista guineano, Manecas Costa...
-TOTEM, Falcatruada 2007. O CD contén temas cómo “Quero ser tambor”, ampliamente difundido en Países como Mozambique ou Brasil, e “Santiago”, canción coa que acadou o 2ºPOSTO no concurso da canción en linguas minorizadas europeas , no festival LIET LAVLUT, SUECIA..." Máis información na súa web.
Nesta entrada unha pequena mostra da súa actuacción.