Un futuro para o galego: desafíos e propostas
O xoves 23 de maio ás 20:30 no Liceo en Betanzos, celebraremos o acto "Un futuro para o galego: desafíos e propostas".
Acto presentado pola actriz Isa Risco e contará coa participación de:
* Francisco Torrado, membro da ANPA Brigantium
* Rubén Aramburu, crego
* Irene Pan, coordinadora de Dinamización do CEIP Vales Villamarín
* Dani López, produtor musical e deseño de audio para cine
* Mariña Longueira, AC Eira Vella
* Miguel R. Carnota, responsábel do Equipo de Normalización Lingüística do IES Breamo
* Alicia López, membro de Nova Escola Galega e Mesa Galega de Educación no Rural
* Antón Rivas, ACLP Roxín Roxal
* Silvia Muíño, técnica de normalización lingüística do Concello de Betanzos
A Asociación Cultural Eira Vella convídate o acto.
0 comentarios:
Publicar un comentario